viernes, 29 de octubre de 2010

A Cidá de Borneiro e mais Finis Terrae







1 de Xullo de 2004. Día 5º

Como de costume tomamos un enerxico almorzo e seguimola marcha. O pouco nos topamos co que os romanos deron en chamar Finis Terrae (Finisterre). Donde paramos a contemplar esa paisaxe na que, según conta a lenda, os Fenicios lebantaron un altar o que chamaron Ara Solis (altar al sol).

Proseguimola nosa marcha e topámonos con Cabo Touriñan, lugar que visitamos e fixemos un pequeno descanso.

Xa para a hora do xantar chegamos a Muxia (Y), donde vimola famosa Pedra de Abalar de Muxia.

Despois dunha boa panzada no xantar e de descansar un anaco decidimos parar a ver o castro “A Cidá” de Borneiro (a pesar de que nun principio non era a nosa idea). Aquí foi donde lebamos a gran sorpresa do día, xa que os meses de xullo e agosto, o concello de Muxia para promover o turismo, poñia o servicio de todo o mundo, un guia para mostras “A Cidá”. E para goze noso, como era o primeiro día do mes, estabamos só nos dous, polo que o guia se centrou en explicarnos como era a vida de enton con todo tipo de detalles.

Xa pola tarde a nosa viaxe levarianos a Camariñas, donde comentamos o curiosas que nos parecian as casas coas portas tan pequenas. Buscamos aloxamento, ceamos e saimos a dar unha volta xa pola noite.

Km percorridos maña: 73
Km percorridos diarios: 99
Km totais: 495

2 comentarios:

  1. Iba sendo hora, que esto estaba algo parado, hai fotos moi parecidas a algunhas que fixen eu (tamén andiven por algunhos sitios deses, non en bici)

    ResponderEliminar
  2. si xa sei que o tiña algo deixado da man de deus, pero propoñeme acabalo canto antes. Xa che devolverei o portatil cando o remate ou cando me deixen de torturar os da compañia do internete.
    Graciñas monchiño

    ResponderEliminar