domingo, 31 de octubre de 2010

Nostalxia

Aquí remata esta historía, que como xa dixan anteriormente vai adicada o meu amigo e compañeiro de viaxe Ramón.
A verdade e que igualmente que ese día de 7 de xullo do 2004, remato de contar esta historia con certa tristeza e nostalxia daqueles días de bicicleta que pasamos xuntos por Galicia endiante.
Para min esta aventura, foi algo que recordarei toda a vida, e que verei sempre como a nosa gran viaxe.
O final superamolos 1000 kilometros nesta viaxe, que durou 11 dias que lebo gardados no meu corazón, a carón das mellores cousas que me pasaron na miña vida.

A volta a casa






7 de Xullo. Día 11º e último.

O día comeza cun sentimento de pena por selo último día da nosa viaxe. De todas maneiras, como era costume, tomamos un enerxico almorzo e logo, en  marcha.

Hoxe o tempo pintaba mal, en calquera momento podiase poñer a chover.

Ata San Tirso de Abres, o camiño ia ben, pero logo empezaron as subidas, e a cousa complicabase. O pouco chegamos A Pontenova (donde poidemos obserbar as famosas chimeneas que se usaban para separalo ferro sacado das minas).

Despois de collelas provisións de rigor, seguimos, e a verdade o camiño ata meira foi bastante penoso, por que a metade de camiño tivemos que subir ó Porto do Marco, un porto que na bicicleta parecía que fose mais ben o Everest.

Pero o fin chegamos a Meira, donde hoxe para xantar (Y) decidimos coller uns bocadillos e seguir o camiño (debido a incesante ameaza de choiva).
Saimos de Meira co proposito de visitalo castro de Viladonga, a donde chegamos o cabo dun pedazo. O castro gustounos bastante, e lembramos o que nos dicía o guia do castro da Cidá de Borneiro, de que o castro de Viladonga estaba moi romanizado e que non era puro.

Despois disto tiramos para a casa, e por fin chegamos Lugo. Decidimos ir tomar unha caña e unha tapa o Etrusco (nas gandaras), para despedir a nosa aventura como se merecía. Dende alí ata a casa de Ramón non habia mais de tres kilometros, e enton a esa escasa distancia, foi cando sufrimos o noso único pinchazo, que Ramón non podía crer. O final inchamos duas veces no traxecto a roda da bicicleta de Ramón, e aforramos de parchala ese día.

Despois de deixar a Ramón na casa e dunha despedida con certa nostalxia (non era para menos despois de pasar 11 días compartindo toda serie de aventuras), puxenme en marcha para chegar a miña casa en Rábade, donde acabou a miña viaxe con sabor agridulce (por un lado chegaba o descanso para as pernas, pero por outro apenado por que esta estupenda viaxe remataba).

Km percorridos maña: 59
Km percorridos diarios:  113
Km totais: 1005,5

A despedida do mar





6 de Xullo. Día 10º

Logo dunha noite de descanso recuperador, iniciamolo día cun enerxico almorzo e logo outra vez en ruta.

O pouco de empezar xa atravesaramos O Vicedo e un cacho mais tarde paramos en Viveiro para coller provisións, ali tivemos a anécdota simpatica do día. Ramón ó intentar subir a acera coa bicicleta (e debido a que estaba o firme resvaladizo, a causa da choiva), esta esbarou e Ramón caeu sentado no cespede. Nun primeiro momento me preocupei pero, o velo alí sentado na herba e rindo, estiven mais tranquilo e tamen eu botei a rir.

Pasado este divertido momento, proseguimola nosa marcha pasando por Xove, San Cibrao, Cervo e Burela, e despois de aquí paramos a ver o castro de Fazouro.

Hoxe para xantar decidimos parar a caron da praia cerca de San Cosme de Barreiros (Y), a verdade é que se estaba de luxo alí, xantando e cos pés na area (a pesar de que o tempo estaba algo revolto).

Continuabamos o camiño cando empezou a caer un trebón e decidimos refuxiarnos nunha cafetería da costa cerca de Reinante. E alí, a casualidade quixo que me atopase con Chema un compañeiro do equipo de fútbol (este e o momento no que se dí que o mundo e un pano, canta razón).

Tan pronto escampou, seguimos a marcha, xa que o tempo seguia amenazante. Ata que chegamos a Rinlo e paramos a velo seu porto de orixe descoñecida.

Despois disto e con mais ameaza de chovia se cabe, continuamos forzando a marcha para chegar canto antes a Ribadeo, a onde chegamos o pouco pero sen dar escapado da auga.

Unha vez que atopamos sitio para pasala noite e de pegarnos unha ducha, decidimos sair a tomar algo (habia que festexar que lograramos percorrer toda a costa galega). Acabamos chegando o hostal a iso das nove da tarde, con bastante ledicia no corpo (proporcionada polas varias cervexas que nos tomamos). Ceamos e logo a descansar (***), que entre o viaxe e as cervexas, ben o necesitabamos.

Km percorridos maña: 67
Km percorridos diarios: 85
Km totais: 892,5

sábado, 30 de octubre de 2010

A que mais me custou






5 de Xullo. Día 9º

Despois de almorzar, saimos cara ese lugar no que a lenda di que todo o mundo a de ir de vivo ou de morto, San Andres de Teixido. O “paseiño” ata ali custou bastante, por que para chegar o pobo, haiche que subir un anaco e logo baixalo, e tamén por que o clima non acompañaba (facía frio, había bretemas e a ratos chovía), pero o final chegamos.

Despois de visitalo este pobo tan caracteristico e tomar un tentempé, proseguimola nosa marcha cara A Capelada, e este foi o que mais me custou, xa que era todo para arriba (650 metros de altitude).

Unha vez arriba, perdemonos as fermosas vistas que ofrece esta zona debido a densa bretema que había por toda a costa.

Dende alí tiramos para Cariño, con moito coidado xa que a carretera estaba mollada (durante todo o traxecto estaba a chover), tiñamos baixadas con pendentes que chegaban ata o 22% de desnivel e a bretema nos daba pouca visibilidade, aquí foi donde tamen acabei de gastalos freos.

O chegar abaixo estabamos conxelados e mollados, polo que nos cambiamos de roupa o mais rápido que poidemos (cousa, que cos dedos entumecidos e a roupa toda mollada non era facil), e entramos rapidamente no primeiro bar que vimos a tomar algo quente e tratar de recuperarnos un pouco.

O tomar algo de alento e quencer un pouco, decidimos proseguila nosa marcha cara O Barqueiro. E para alá nos diriximos pero a verdade é que Ramón o lebaba mellor, a min fixerame mais mella o que lebábamos de etapa. Non sen esforzo chegamos a O Barqueiro. E alí decidimos baixar xunto o porto para buscar algun sitio para xantar e aloxarnos, pero a baixada, que non era mais de un kilometro e xa coa carretera seca, puido comigo (tardei case dez minutos en facela), cheguei abaixo con media lipotimia (producto da mala hidratación durante a subida a capelada e o viaxe dende alí).O problema pasou cando entrei nun lugar con calor e me puxen a comer e beber.

Xa pola tarde decidimos aloxarnos donde estabamos é ir a velo faro de Estaca de Bares (pero sen as alforxas na bici. A cousa cambiaba, sentiamonos liberados, as bicicletas parecia que andaban soas.

Impresionounos a calma e mailo silencio que habia de camiño ó cabo. Despois de pasar un rato no Semáforo (mirador de Estaca de Bares), decidimos voltar e ver un pouco o Barqueiro para irnos a descansar pronto (hoxe facia falta).

Km percorridos maña: 66
Km percorridos diarios: 84
Km totais: 807,5

Dificil saida dende Coruña




4 de Xullo. Día 8º

Cando esa maña nos despertamos, Manel xa non estaba (é o que ten o de ser luns e ter que ir a traballar, todos o sabemos). Saimos a tomalo almorzo, e logo de novo en ruta.

A saida de hoxe foi complicada, xa que andar pola Coruña un luns pola maña (con todos os coches a toda velocidade para todos lados) é unha operación de risco.

Superada esta traba diriximonos cara Sada (donde poidemos obserbalo Pazo de Meirás), e logo facer unha paradiña (polas provisións de rigor) xa en Sada, pobo que Ramón comentou o cambiado que estaba dende a última vez que pasara por ali.

O noso propósito era chegar a Valdoviño para xantar, camiño de alí pasamos por Bergondo, Pontedeume e Fene. Unha vez en Fene decidimos non entrar en Ferrol, xa que as cidades non son o mais recomendable para a bici (alo menos en Galicia), polo que nos diriximos cara Neda e logo a Valdoviño.

Ali xantamos (YY)(como xa tiñamos previsto) e logo descansamos un pouco. Impresionounos o vento que facia na praia deste pobo, xa que en todo o noso viaxe (agas chegando a Caldebarcos) non atopáramos nada igual.
Proseguímola nosa marcha para chegar a Cedeira, donde buscamos aloxamento (**).

Despois de cear demos unha volta polos arredores e logo a descansar que o día seguinte toca moita subida.

Km percorridos maña: 76’2
Km percorridos diarios: 94’5
Km totais: 723’5

viernes, 29 de octubre de 2010

Visita a Manel



3 de Xullo de 2004. Día 7º

Dura saida dende Malpica, xa que fixemos noite na parte baixa do pobo, e para quentar as perniñas, as costas que habia para sair do pobo, non eran o mais aconsellable.

Unha vez saido de Malpica decidimos tirar dereitamente para A Coruña, a facerlle unha visita a Manel (do que xa vos falei antes, e que é, moi bó amigo noso) aprobeitando que era domingo, e que este estaba pola Coruña.

Pasamos por Carballo, Laracha e Arteixo (donde quedou un recordo para José Luis ZZR, outro amigo noso).

A chegada a Coruña foi sobre a unha do mediodia, esta era toda a viaxe de hoxe, xa que a tarde pasamola nesta fermosa cidade.

Unha vez nos atopamos con Manel, encargamos o xantar (YYYY) (donde él nos recomendou, que é a mellor forma de xantar, que alguen da zona che diga dos mellores sitios), menuda panzada de arroz con bogabantes (para lambelo bico oes).

A tarde decidimos pasar un rato, e fomos ata o parque do monte de San Pedro, donde tivemos a sorte de ver a varias persoas practicando parapente (algo que nunca vira en directo).

Despois de estar un bo anaco alí decidimos voltar, e de camiño tomar unhas cañas (algo que non podia faltar), para logo irnos a descansar a casa de Manel (****).

Km percorridos maña: 53
Km totais: 629

A mais custosa para Ramón




2 de Xullo de 2004. Día 6º


Saida de Camariñas xa coas pernas algo cargadas despois de varios días de pedalada. O noso primerio destino, Cabo Vilan, o que atopamos ven pronto.


Despois de admirala fermosa paisaxe (pois pola costa galega abunda esta), decidimos continuala nosa viaxe, pero variando o traxecto inicial, xa que tiñamos a ocasión de facer un tramo do camiño de santiago (da zona que viña dende a Gran Bretaña, a través do porto da Coruña) e de paso ver o Cemiterio dos ingleses (chamado así dende o naufraxio do “Serpent”). A verdade e que a Ramón este tramo lle custou mais ca min, xa que o ser un camiño de terra, sela sua sua bici hibrida, e tendo en conta que a miña de montaña pura, esta ultima estaba mais adaptada para este tipo de dificultades.


Despois de acabar este tramo, pasamos o lado de Camelle e logo de novo por A Ponte do Porto (si, demos un rodeo pero esta aventura trataba de vivila viaxe, ainda que se fagan kilometros de mais), e de alí, cara Laxe donde paramos a xantar (Y).


Logo de descansar un rato e ter un recordo para Mareas Vivas, proseguimola nosa ruta cara Malpica pasando antes por Ponteceso.


Unha vez en Malpica e despois de buscar aloxamento (**), saimos a visitar o pobo do cal nos resultou moi fermoso o porto. O problema de hoxe foi que a caron da nosa ventá deulle por pousarse unha gaibota que nos deu a lata.


Km percorridos maña: 56
Km percorridos diarios: 81
Km totais: 576

A Cidá de Borneiro e mais Finis Terrae







1 de Xullo de 2004. Día 5º

Como de costume tomamos un enerxico almorzo e seguimola marcha. O pouco nos topamos co que os romanos deron en chamar Finis Terrae (Finisterre). Donde paramos a contemplar esa paisaxe na que, según conta a lenda, os Fenicios lebantaron un altar o que chamaron Ara Solis (altar al sol).

Proseguimola nosa marcha e topámonos con Cabo Touriñan, lugar que visitamos e fixemos un pequeno descanso.

Xa para a hora do xantar chegamos a Muxia (Y), donde vimola famosa Pedra de Abalar de Muxia.

Despois dunha boa panzada no xantar e de descansar un anaco decidimos parar a ver o castro “A Cidá” de Borneiro (a pesar de que nun principio non era a nosa idea). Aquí foi donde lebamos a gran sorpresa do día, xa que os meses de xullo e agosto, o concello de Muxia para promover o turismo, poñia o servicio de todo o mundo, un guia para mostras “A Cidá”. E para goze noso, como era o primeiro día do mes, estabamos só nos dous, polo que o guia se centrou en explicarnos como era a vida de enton con todo tipo de detalles.

Xa pola tarde a nosa viaxe levarianos a Camariñas, donde comentamos o curiosas que nos parecian as casas coas portas tan pequenas. Buscamos aloxamento, ceamos e saimos a dar unha volta xa pola noite.

Km percorridos maña: 73
Km percorridos diarios: 99
Km totais: 495

jueves, 28 de octubre de 2010

Cuarto día, segindo adiante





31 de xuño de 2004. Día 4º.
Logo de despedirnos dos nosos anfitrións, comezamola viaxe de camiño a Noia a donde chegamos o pouco e donde quedou un recordo para o noso bo amigo Manel. Sen pausa seguimos ata chegar a Muros, un bonito pobo, no que paramos a coller unhas poucas provisións para  o camiño (como xa empezaba a ser habitual).

Despois de ter as alforxas provistas, continuamola marcha, coa idea de chegar a Caldebarcos para xantar. O problema do dia foi, o forte vento en contra que atopamos entre Lira e o noso destino, que nos fixo suar mais do previsto.
Unha vez en Caldebarcos, aconsellaromnos comer unha caldeirada de marisco (cousa que fixemos moi gustosamente), pero a hora de pagala conta, UPS, menuda clavada nos meteron (entendo que non é unha comida que sexa barata pero aquelo foi algo esaxerado), despis disto, a pesar de que o xantar estaba bo, decido poñerlle (YY).

Toca un pequeno descanso e logo en marcha cara Cee, non sen antes apreciar na metade do camiño a fermosura de O Ézaro (ainda que nos quedamos con gañas de ver a famosa cascada que cae dereitamente sobre o mar).

E por fin o Cee. Hoxe chegamos con tempo, visitamola zona, fomos cear e tomar unha caña, para logo irnos a descansar (**).

Km percorridos maña: 70
Km percorridos diarios: 94
Km totais: 396