domingo, 31 de octubre de 2010

Nostalxia

Aquí remata esta historía, que como xa dixan anteriormente vai adicada o meu amigo e compañeiro de viaxe Ramón.
A verdade e que igualmente que ese día de 7 de xullo do 2004, remato de contar esta historia con certa tristeza e nostalxia daqueles días de bicicleta que pasamos xuntos por Galicia endiante.
Para min esta aventura, foi algo que recordarei toda a vida, e que verei sempre como a nosa gran viaxe.
O final superamolos 1000 kilometros nesta viaxe, que durou 11 dias que lebo gardados no meu corazón, a carón das mellores cousas que me pasaron na miña vida.

A volta a casa






7 de Xullo. Día 11º e último.

O día comeza cun sentimento de pena por selo último día da nosa viaxe. De todas maneiras, como era costume, tomamos un enerxico almorzo e logo, en  marcha.

Hoxe o tempo pintaba mal, en calquera momento podiase poñer a chover.

Ata San Tirso de Abres, o camiño ia ben, pero logo empezaron as subidas, e a cousa complicabase. O pouco chegamos A Pontenova (donde poidemos obserbar as famosas chimeneas que se usaban para separalo ferro sacado das minas).

Despois de collelas provisións de rigor, seguimos, e a verdade o camiño ata meira foi bastante penoso, por que a metade de camiño tivemos que subir ó Porto do Marco, un porto que na bicicleta parecía que fose mais ben o Everest.

Pero o fin chegamos a Meira, donde hoxe para xantar (Y) decidimos coller uns bocadillos e seguir o camiño (debido a incesante ameaza de choiva).
Saimos de Meira co proposito de visitalo castro de Viladonga, a donde chegamos o cabo dun pedazo. O castro gustounos bastante, e lembramos o que nos dicía o guia do castro da Cidá de Borneiro, de que o castro de Viladonga estaba moi romanizado e que non era puro.

Despois disto tiramos para a casa, e por fin chegamos Lugo. Decidimos ir tomar unha caña e unha tapa o Etrusco (nas gandaras), para despedir a nosa aventura como se merecía. Dende alí ata a casa de Ramón non habia mais de tres kilometros, e enton a esa escasa distancia, foi cando sufrimos o noso único pinchazo, que Ramón non podía crer. O final inchamos duas veces no traxecto a roda da bicicleta de Ramón, e aforramos de parchala ese día.

Despois de deixar a Ramón na casa e dunha despedida con certa nostalxia (non era para menos despois de pasar 11 días compartindo toda serie de aventuras), puxenme en marcha para chegar a miña casa en Rábade, donde acabou a miña viaxe con sabor agridulce (por un lado chegaba o descanso para as pernas, pero por outro apenado por que esta estupenda viaxe remataba).

Km percorridos maña: 59
Km percorridos diarios:  113
Km totais: 1005,5

A despedida do mar





6 de Xullo. Día 10º

Logo dunha noite de descanso recuperador, iniciamolo día cun enerxico almorzo e logo outra vez en ruta.

O pouco de empezar xa atravesaramos O Vicedo e un cacho mais tarde paramos en Viveiro para coller provisións, ali tivemos a anécdota simpatica do día. Ramón ó intentar subir a acera coa bicicleta (e debido a que estaba o firme resvaladizo, a causa da choiva), esta esbarou e Ramón caeu sentado no cespede. Nun primeiro momento me preocupei pero, o velo alí sentado na herba e rindo, estiven mais tranquilo e tamen eu botei a rir.

Pasado este divertido momento, proseguimola nosa marcha pasando por Xove, San Cibrao, Cervo e Burela, e despois de aquí paramos a ver o castro de Fazouro.

Hoxe para xantar decidimos parar a caron da praia cerca de San Cosme de Barreiros (Y), a verdade é que se estaba de luxo alí, xantando e cos pés na area (a pesar de que o tempo estaba algo revolto).

Continuabamos o camiño cando empezou a caer un trebón e decidimos refuxiarnos nunha cafetería da costa cerca de Reinante. E alí, a casualidade quixo que me atopase con Chema un compañeiro do equipo de fútbol (este e o momento no que se dí que o mundo e un pano, canta razón).

Tan pronto escampou, seguimos a marcha, xa que o tempo seguia amenazante. Ata que chegamos a Rinlo e paramos a velo seu porto de orixe descoñecida.

Despois disto e con mais ameaza de chovia se cabe, continuamos forzando a marcha para chegar canto antes a Ribadeo, a onde chegamos o pouco pero sen dar escapado da auga.

Unha vez que atopamos sitio para pasala noite e de pegarnos unha ducha, decidimos sair a tomar algo (habia que festexar que lograramos percorrer toda a costa galega). Acabamos chegando o hostal a iso das nove da tarde, con bastante ledicia no corpo (proporcionada polas varias cervexas que nos tomamos). Ceamos e logo a descansar (***), que entre o viaxe e as cervexas, ben o necesitabamos.

Km percorridos maña: 67
Km percorridos diarios: 85
Km totais: 892,5

sábado, 30 de octubre de 2010

A que mais me custou






5 de Xullo. Día 9º

Despois de almorzar, saimos cara ese lugar no que a lenda di que todo o mundo a de ir de vivo ou de morto, San Andres de Teixido. O “paseiño” ata ali custou bastante, por que para chegar o pobo, haiche que subir un anaco e logo baixalo, e tamén por que o clima non acompañaba (facía frio, había bretemas e a ratos chovía), pero o final chegamos.

Despois de visitalo este pobo tan caracteristico e tomar un tentempé, proseguimola nosa marcha cara A Capelada, e este foi o que mais me custou, xa que era todo para arriba (650 metros de altitude).

Unha vez arriba, perdemonos as fermosas vistas que ofrece esta zona debido a densa bretema que había por toda a costa.

Dende alí tiramos para Cariño, con moito coidado xa que a carretera estaba mollada (durante todo o traxecto estaba a chover), tiñamos baixadas con pendentes que chegaban ata o 22% de desnivel e a bretema nos daba pouca visibilidade, aquí foi donde tamen acabei de gastalos freos.

O chegar abaixo estabamos conxelados e mollados, polo que nos cambiamos de roupa o mais rápido que poidemos (cousa, que cos dedos entumecidos e a roupa toda mollada non era facil), e entramos rapidamente no primeiro bar que vimos a tomar algo quente e tratar de recuperarnos un pouco.

O tomar algo de alento e quencer un pouco, decidimos proseguila nosa marcha cara O Barqueiro. E para alá nos diriximos pero a verdade é que Ramón o lebaba mellor, a min fixerame mais mella o que lebábamos de etapa. Non sen esforzo chegamos a O Barqueiro. E alí decidimos baixar xunto o porto para buscar algun sitio para xantar e aloxarnos, pero a baixada, que non era mais de un kilometro e xa coa carretera seca, puido comigo (tardei case dez minutos en facela), cheguei abaixo con media lipotimia (producto da mala hidratación durante a subida a capelada e o viaxe dende alí).O problema pasou cando entrei nun lugar con calor e me puxen a comer e beber.

Xa pola tarde decidimos aloxarnos donde estabamos é ir a velo faro de Estaca de Bares (pero sen as alforxas na bici. A cousa cambiaba, sentiamonos liberados, as bicicletas parecia que andaban soas.

Impresionounos a calma e mailo silencio que habia de camiño ó cabo. Despois de pasar un rato no Semáforo (mirador de Estaca de Bares), decidimos voltar e ver un pouco o Barqueiro para irnos a descansar pronto (hoxe facia falta).

Km percorridos maña: 66
Km percorridos diarios: 84
Km totais: 807,5

Dificil saida dende Coruña




4 de Xullo. Día 8º

Cando esa maña nos despertamos, Manel xa non estaba (é o que ten o de ser luns e ter que ir a traballar, todos o sabemos). Saimos a tomalo almorzo, e logo de novo en ruta.

A saida de hoxe foi complicada, xa que andar pola Coruña un luns pola maña (con todos os coches a toda velocidade para todos lados) é unha operación de risco.

Superada esta traba diriximonos cara Sada (donde poidemos obserbalo Pazo de Meirás), e logo facer unha paradiña (polas provisións de rigor) xa en Sada, pobo que Ramón comentou o cambiado que estaba dende a última vez que pasara por ali.

O noso propósito era chegar a Valdoviño para xantar, camiño de alí pasamos por Bergondo, Pontedeume e Fene. Unha vez en Fene decidimos non entrar en Ferrol, xa que as cidades non son o mais recomendable para a bici (alo menos en Galicia), polo que nos diriximos cara Neda e logo a Valdoviño.

Ali xantamos (YY)(como xa tiñamos previsto) e logo descansamos un pouco. Impresionounos o vento que facia na praia deste pobo, xa que en todo o noso viaxe (agas chegando a Caldebarcos) non atopáramos nada igual.
Proseguímola nosa marcha para chegar a Cedeira, donde buscamos aloxamento (**).

Despois de cear demos unha volta polos arredores e logo a descansar que o día seguinte toca moita subida.

Km percorridos maña: 76’2
Km percorridos diarios: 94’5
Km totais: 723’5

viernes, 29 de octubre de 2010

Visita a Manel



3 de Xullo de 2004. Día 7º

Dura saida dende Malpica, xa que fixemos noite na parte baixa do pobo, e para quentar as perniñas, as costas que habia para sair do pobo, non eran o mais aconsellable.

Unha vez saido de Malpica decidimos tirar dereitamente para A Coruña, a facerlle unha visita a Manel (do que xa vos falei antes, e que é, moi bó amigo noso) aprobeitando que era domingo, e que este estaba pola Coruña.

Pasamos por Carballo, Laracha e Arteixo (donde quedou un recordo para José Luis ZZR, outro amigo noso).

A chegada a Coruña foi sobre a unha do mediodia, esta era toda a viaxe de hoxe, xa que a tarde pasamola nesta fermosa cidade.

Unha vez nos atopamos con Manel, encargamos o xantar (YYYY) (donde él nos recomendou, que é a mellor forma de xantar, que alguen da zona che diga dos mellores sitios), menuda panzada de arroz con bogabantes (para lambelo bico oes).

A tarde decidimos pasar un rato, e fomos ata o parque do monte de San Pedro, donde tivemos a sorte de ver a varias persoas practicando parapente (algo que nunca vira en directo).

Despois de estar un bo anaco alí decidimos voltar, e de camiño tomar unhas cañas (algo que non podia faltar), para logo irnos a descansar a casa de Manel (****).

Km percorridos maña: 53
Km totais: 629

A mais custosa para Ramón




2 de Xullo de 2004. Día 6º


Saida de Camariñas xa coas pernas algo cargadas despois de varios días de pedalada. O noso primerio destino, Cabo Vilan, o que atopamos ven pronto.


Despois de admirala fermosa paisaxe (pois pola costa galega abunda esta), decidimos continuala nosa viaxe, pero variando o traxecto inicial, xa que tiñamos a ocasión de facer un tramo do camiño de santiago (da zona que viña dende a Gran Bretaña, a través do porto da Coruña) e de paso ver o Cemiterio dos ingleses (chamado así dende o naufraxio do “Serpent”). A verdade e que a Ramón este tramo lle custou mais ca min, xa que o ser un camiño de terra, sela sua sua bici hibrida, e tendo en conta que a miña de montaña pura, esta ultima estaba mais adaptada para este tipo de dificultades.


Despois de acabar este tramo, pasamos o lado de Camelle e logo de novo por A Ponte do Porto (si, demos un rodeo pero esta aventura trataba de vivila viaxe, ainda que se fagan kilometros de mais), e de alí, cara Laxe donde paramos a xantar (Y).


Logo de descansar un rato e ter un recordo para Mareas Vivas, proseguimola nosa ruta cara Malpica pasando antes por Ponteceso.


Unha vez en Malpica e despois de buscar aloxamento (**), saimos a visitar o pobo do cal nos resultou moi fermoso o porto. O problema de hoxe foi que a caron da nosa ventá deulle por pousarse unha gaibota que nos deu a lata.


Km percorridos maña: 56
Km percorridos diarios: 81
Km totais: 576

A Cidá de Borneiro e mais Finis Terrae







1 de Xullo de 2004. Día 5º

Como de costume tomamos un enerxico almorzo e seguimola marcha. O pouco nos topamos co que os romanos deron en chamar Finis Terrae (Finisterre). Donde paramos a contemplar esa paisaxe na que, según conta a lenda, os Fenicios lebantaron un altar o que chamaron Ara Solis (altar al sol).

Proseguimola nosa marcha e topámonos con Cabo Touriñan, lugar que visitamos e fixemos un pequeno descanso.

Xa para a hora do xantar chegamos a Muxia (Y), donde vimola famosa Pedra de Abalar de Muxia.

Despois dunha boa panzada no xantar e de descansar un anaco decidimos parar a ver o castro “A Cidá” de Borneiro (a pesar de que nun principio non era a nosa idea). Aquí foi donde lebamos a gran sorpresa do día, xa que os meses de xullo e agosto, o concello de Muxia para promover o turismo, poñia o servicio de todo o mundo, un guia para mostras “A Cidá”. E para goze noso, como era o primeiro día do mes, estabamos só nos dous, polo que o guia se centrou en explicarnos como era a vida de enton con todo tipo de detalles.

Xa pola tarde a nosa viaxe levarianos a Camariñas, donde comentamos o curiosas que nos parecian as casas coas portas tan pequenas. Buscamos aloxamento, ceamos e saimos a dar unha volta xa pola noite.

Km percorridos maña: 73
Km percorridos diarios: 99
Km totais: 495

jueves, 28 de octubre de 2010

Cuarto día, segindo adiante





31 de xuño de 2004. Día 4º.
Logo de despedirnos dos nosos anfitrións, comezamola viaxe de camiño a Noia a donde chegamos o pouco e donde quedou un recordo para o noso bo amigo Manel. Sen pausa seguimos ata chegar a Muros, un bonito pobo, no que paramos a coller unhas poucas provisións para  o camiño (como xa empezaba a ser habitual).

Despois de ter as alforxas provistas, continuamola marcha, coa idea de chegar a Caldebarcos para xantar. O problema do dia foi, o forte vento en contra que atopamos entre Lira e o noso destino, que nos fixo suar mais do previsto.
Unha vez en Caldebarcos, aconsellaromnos comer unha caldeirada de marisco (cousa que fixemos moi gustosamente), pero a hora de pagala conta, UPS, menuda clavada nos meteron (entendo que non é unha comida que sexa barata pero aquelo foi algo esaxerado), despis disto, a pesar de que o xantar estaba bo, decido poñerlle (YY).

Toca un pequeno descanso e logo en marcha cara Cee, non sen antes apreciar na metade do camiño a fermosura de O Ézaro (ainda que nos quedamos con gañas de ver a famosa cascada que cae dereitamente sobre o mar).

E por fin o Cee. Hoxe chegamos con tempo, visitamola zona, fomos cear e tomar unha caña, para logo irnos a descansar (**).

Km percorridos maña: 70
Km percorridos diarios: 94
Km totais: 396

jueves, 13 de mayo de 2010

Visita a Tino








30 de xuño de 2004. Dia 3º.


Despois dunha noite regular fomos almorzar, e según acabamos a emprendela nosa marcha, non sen antes coller provisións para o camiño (galletas e auga que tiben que meter nunha botella de 500cl ya que o día anterior perderá o botellín).


Ó chegar A Pobra do Caramiñal fixemos un alto nunha tenda de bicicletas, na que poidemos repoñelo botellín perdido e uns guantes para min, xa que os meus estaban moi gastados.


Logo da pausa continuamos ata chegar ó camping de Ribeira, donde decidimos parar a xantar (YYYY) con un bó amigo noso, Tino, que estaba pola zona de vacacións.


Pasada a sobremesa continuamola nosa marcha, ollando as fermosas paisaxes que nos ofrecen estas costas, ata chegar as Dunas de Corrubedo, que vimos de lexos, o pouco chegamos o pobo, donde despois dun refrixerio acordamos seguir ata Porto do Son.


Camiño de ali fixemos unha parada para ollalo coñecido Castro de Baroña. De ali a Porto do Son, non foi nada.


A noite pasamola nun hostal (****), que despois da noite anterior nos sorprendeu gratamente, xa que, por un precio moi, moi asquible, foi o mellor sitio que atopamos en toda a nosa aventura. Tanto a cea, como o aloxamento, asi tamen como para o almorzo e o agradables que foron en todo momento con nosco.


Despois da cea, a xa rutinaria visita o pobo, e logo a descansar para a seguinte etapa.


Km percorridos maña: 36
Km percorridos diarios: 84
Km totais: 302

martes, 11 de mayo de 2010

A mais longa








29 de xuño de 2004. Dia 2º.


Hoxe lebantamonos as oito da maña, despóis do almorzo puxémonos en marcha a iso das 9 coa intención de chegar a O Grove pola maña, como mínimo, xa que optamos por facer a maioria dos kilómetros pola maña, a fin de ter mais tempo a tardiña para buscar o aloxamento do día, e repetir isto mesmo no resto das etapas.


De camiño pasamos por Sanxexo e Portonovo, e despóis pola Praia da Lanzada onde decidimos facer unha pequena pausa na Ermita da Nosa Señora da Lanzada para velo sitio e tomar unhas galletas que mercamos pola maña.
Polo de agora o viaxe corria según o previsto, e o camiño era maiormente chan e sen desniveis considerables.


Despóis do descanso decidimos visitar O Grove, e ai comezaron os nosos problemas, xa que ainda que pareza imposible perdemonos na pequena península. E perderse en bicicleta supón facer kilómetros nun sentido e logo no outro sobre as pernas. Logo dun bo cacho atopamos por fin o pobo e fixemos unha parada na Illa da Toxa. Decidimos seguila nosa viaxe para poder xantar en Cambados (YY), lugar o que chegamos case as tres da tarde.


O rematalo xantar fixemos un pequeno descanso para repousala comida (costume que decidimos adoptar para cada día).


Despóis do descanso puxemonos como meta facer noite en Catoira. Pouco despois chegamos a Illa de Arousa lugar que paramos a visitar. A saida da illa diriximonos cara o noso destino, o cal acadamos a iso das oito e media da tarde, e ai chegou o noso segundo problema do día, xa que en Catoira o único hostal que atopamos estaba pechado. Debido a este inconvinte e a hora que era, vímonos forzados a decidir se facer noite o raso ou tratar de chegar con día ó seguinte pobo (Rianxo a 20km), finalmente decidímonos por esta última opción.


O inconvinte do camiño que nos quedaba e que despois de 110 kilometros (lembrar que a nosa idea inicial e preparación era para facer 70-80 km diarios) tíñamos por medio a subida a Rial, por se fose pouco na baixada perdín o botellín de bebida (menos mal que xa quedaba pouco), e por fín ás dez e media chegamos a Rianxo.


Xa alí buscamos donde hospedarnos (*)e cear (*), pero non acertamos coa nosa elección, posto que ata para deixar as bicis nos poñian problemas, alo menos poidemos durmir que era o importante.


Xa ceando botamos unha risas pensando no que nos dixera a noite anterior o noso anfitrión “Eu creo que ven podedes andar 130kms diarios” o que nos lle respostamos que a nosa idea era facer en torno os 80, e resulta que ó final foi algo profético e todo. Despois da cea, como tomamos por costume, decidimos dar unha volta polo pobo.

Km percorridos maña: 83
Km percorridos diarios: 130
Km totais: 218

lunes, 10 de mayo de 2010

Empeza a aventura



28 de xuño de 2004. Primeiro día.

O noso día comenzou en Lugo, donde alugamos un coche para desplazarnos xunto coas bicicletas e mais toda a equipaxe a Vigo (mais concretamente o aeroporto de peinador), que é donde empezaba a nosa viaxe real.
Empezamos a rodar cerca do mediodia cunha calor abafante, tratando de mantelo equilibrio nunhas bicis cargadas (xa que non tíñamos experiencia previa conducindoas desta maneira).
Sobre as duas da tarde paramos a xantar en Vilaboa (YY)(mentras xantabamos decidimos darlles nota os sitios donde xantabamos - Y malo; YY regular; YYY bó; YYYY moi bó, ou donde nos hospedábamos - * malo; ** regular; *** bó; **** moi bó).
Despois de xantar puxémonos en marcha, a maña a perderamos en chegar a Vigo, ata chegar a Combarro, lugar no que pasamola noite.
Despois de buscar donde pasala noite (***) e pegarnos unha ducha, saimos a visitar a zona, e como dixo Ramón "temos que tomar un ribeiro que estamos na zona", dito e feito, un ribeiro nunha cunca. O que non agardaba e que se me subise tanto, pero se temos en conta o deshidratados que víñamos e despois do calor do día, é normal. Despois cea e a recuperar forzas para o dia seguinte.
O principio tíñamos pensado facer etapas de 70 kms mais ou menos, pero co pasar dos días vimos que tíñamos que facer mais para manter o noso plan.

Tempo: Soleado e moi caluroso

Km percorridos maña: 22
Km percorridos diarios: 88
Km totais: 88

Os preparativos



Nos días previos da aventura Ramón trouxo un antigo libro-guia “Galicia en bici” datado en abril do 93. Esa foi a nosa folla de ruta para a viaxe.


Decidimos equipar as bicis con unhas alforxas traseiras, xa que asi a dirección quedaba libre de peso. Nas alforxas lebábamos, roupa (maiormente de verán, xa que pesa menos), mudas, unhas zapatillas de reposto, unha toalla, un chuvasqueiro, unha esterilla, un saco de durmir, unhas ferramentas, un bote para a auga de 750ml e contaquilometros.


Decidimos pernoctar en hostais, xa que despois de rodar todo o día, é preferible descansar nunha cama antes que sobre dunha esterilla. O saco e a esterilla lebámolos por se acaso.

Como surxe a idea desta aventura

A idea comeza a fraguarse nos primerios meses do 2004. Ramón faloume un día dunha idea que tiña dende neno, que era facer unha volta a Galicia. A idea pareceume bastante ven, pero xa que so dipoñiamos de 15 días, tivemos que acortar a aventura, polo que decidimos facela zona da costa. Acordamos acometela volta nese verán empezandoa a finais de xuño.

domingo, 9 de mayo de 2010

De que fala este blog

Este blog fala da aventura que realizamos Ramón e mais eu no verán do 2004.
Media volta a galicia, bordeando toda a costa dende Vigo ata Ribadeo.