domingo, 31 de octubre de 2010

A despedida do mar





6 de Xullo. Día 10º

Logo dunha noite de descanso recuperador, iniciamolo día cun enerxico almorzo e logo outra vez en ruta.

O pouco de empezar xa atravesaramos O Vicedo e un cacho mais tarde paramos en Viveiro para coller provisións, ali tivemos a anécdota simpatica do día. Ramón ó intentar subir a acera coa bicicleta (e debido a que estaba o firme resvaladizo, a causa da choiva), esta esbarou e Ramón caeu sentado no cespede. Nun primeiro momento me preocupei pero, o velo alí sentado na herba e rindo, estiven mais tranquilo e tamen eu botei a rir.

Pasado este divertido momento, proseguimola nosa marcha pasando por Xove, San Cibrao, Cervo e Burela, e despois de aquí paramos a ver o castro de Fazouro.

Hoxe para xantar decidimos parar a caron da praia cerca de San Cosme de Barreiros (Y), a verdade é que se estaba de luxo alí, xantando e cos pés na area (a pesar de que o tempo estaba algo revolto).

Continuabamos o camiño cando empezou a caer un trebón e decidimos refuxiarnos nunha cafetería da costa cerca de Reinante. E alí, a casualidade quixo que me atopase con Chema un compañeiro do equipo de fútbol (este e o momento no que se dí que o mundo e un pano, canta razón).

Tan pronto escampou, seguimos a marcha, xa que o tempo seguia amenazante. Ata que chegamos a Rinlo e paramos a velo seu porto de orixe descoñecida.

Despois disto e con mais ameaza de chovia se cabe, continuamos forzando a marcha para chegar canto antes a Ribadeo, a onde chegamos o pouco pero sen dar escapado da auga.

Unha vez que atopamos sitio para pasala noite e de pegarnos unha ducha, decidimos sair a tomar algo (habia que festexar que lograramos percorrer toda a costa galega). Acabamos chegando o hostal a iso das nove da tarde, con bastante ledicia no corpo (proporcionada polas varias cervexas que nos tomamos). Ceamos e logo a descansar (***), que entre o viaxe e as cervexas, ben o necesitabamos.

Km percorridos maña: 67
Km percorridos diarios: 85
Km totais: 892,5

No hay comentarios:

Publicar un comentario